Defenden a calidade educativa

Defenden a calidade educativa
05 de Xuño, 2026 - 08:47 h. | Publicada por Radio Fene

Un curso máis reclaman o desdobre de aulas en Primaria no CEIP Maciñeira de Neda. País e nais do alumnado que cursará 2º de Primaria a partir de setembro están pendentes de que a Xunta acceda a cumprir a súa propia normativa. Nas últimas horas déronlles esperanzas de que se vai atender a súa reivindicación, segundo informou en Radio Fene Rubén Couce, pai dun dos alumnos afectados.

ESCOITA O PODCAST:

Nais e pais do alumnado que fará 2º de Primaria o vindeiro curso no CEIP Maciñeira, no concello de Neda, non queren que se supere a ratio legal de 20 alumnos por aula, como sucedeu este ano. Para garantir a calidade educativa que reclaman para as súas fillas e fillos, comezaron unha recollida de sinaturas e tiñan prevista unha concentración o dia 10 de xuño. De momento, deixaron en suspenso a mobilización porque a Inspección deulles esperanzas da contratación dun novo mestre ou mestra o que permitiría facer o desdobre reclamado. Pais e nais anuncian, en todo caso, que permanecerán vixiantes á espera da confirmación oficial de dita praza 

Sociedade

Publica o teu comentario agora