Defensa de investimentos na comarca

Defensa de investimentos na comarca
19 de Decembro, 2022 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG quere forzar ao PP a retratarse mañá, no Pleno do Parlamento Galego, no debate das emendas para que a Xunta atenda necesidades da comarca nos Presupostos de 2023. Nunha rolda de prensa celebrada en Fene, o deputado do Bloque Mon Fernández denunciou que o PP non aceptou ningunha das melloras propostas no debate en comisión. Lanzou o reto "que nos diga o PP que ningunha se vai aprobar, ninguén o entendería"

ESCOITA O PODCAST:

Mon Fernández criticou o abandono da Xunta, que obriga, segundo dixo, aos concellos a investir fondos propios en necesidades como as beirarrúas de Barallobre sendo competencia da Comunidade Autónoma que a Xunta non atende. O deputado informou doutras propostas para Fene como "as beirarrúas de Fene cara o Puntal, a Ronda Oeste -proxecto histórico para desviar o tráfico do centro da vila cara o estaleiro- ou o soterramento e traslado das torres de alta tensión de San Valentín, pois non ten xustificación a existencia desas torres e liñas de alta tensión nunha zona con colexios e equipamentos".  Nas en mendas do Bloque figuran propostas para melloras en centros escolares de Narón, no mosteiro de Santa María de Monfero, nas Fragas do Eume, e actuacións de saneamento e seguridade viaria en San Sadurniño, Mugardos e Cabanas. O deputado galego estivo acompañado na comparecencia por alcaldes e cargos institucionais do Bloque nos concellos de Fene, San Sadurniño, Moeche, Ares, Cabanas, Narón, Neda, Mugardos e na Deputación provincial, así como pola dirixente comarcal Mercedes Tobío.



 

Institucional

Publica o teu comentario agora