ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Mobilizacións no ensino. Profesores e familias protagonizan esta semana peches en centros educativos de toda Galicia. Contra os recortes na ensinanza pública. Os peches son rotatorios e fanse por comarcas. Esta tarde, ás sete comeza o peche no CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol. Están convocados alí profesorado e familias de Ferrolterra, explicou en Radio Fene Andrea Martins, secretaria comarcal de CIG Ensino.

Profesorado, familias e alumnado volven mobilizarse na defensa da educación pública en Galicia. No que vai de semana houbo peches en centros educativos da Coruña, Vigo, Pontevedra e Monforte. Hoxe faranse en colexios de Ferrol, Santiago de Compostela, Vilagarcía e Viveiro. A CIG-Ensino e o STEG demandan da Consellaría de Educación melloras das condicións laborais do profesorado, a baixada de ratios, a dotación de maior persoal para atender a diversidade, retribucións salariais dignas e recuperación do horario lectivo.
Publica o teu comentario agora