ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A ANPA do CEIP Os Casais de Fene entrega máis de 2500 sinaturas en defensa do ensino público no rural. Concentración e entrega de sinaturas esta tarde, ás 18h, na sede da Xunta en Ferrol. Xuntaranse todas as ANPAS das escolas afectadas e animan á cidadanía a sumarse á concentración.
As familias do CEIP Os Casais continúan as súas accións para demandar a admisión de todo o alumnado que solicite matricularse no centro. Este mércores, 12 de xuño ás 18h, a directiva da ANPA da escola de Maniños levará estas sinaturas ao rexistro da Xunta. Reclaman que a Consellaría de Educación atenda as demandas da comunidade educativa. Nesta cita xuntaranse todas as ANPAS das escolas afectadas pola exclusión de crianzas no proceso de admisión, arroupadas pola Confederación de ANPAS de Ferrolterra. Olalla Barro, voceira da ANPA, sinala que “as familias estamos a favor da redución de ratios, o que queremos é que isto non implique a redución de vacantes nas escolas públicas. Na nosa escola pérdense, do curso pasado a este, 18 prazas. A Consellaría de Educación é moi rápida pechando unidades, pero moi reacia a crealas cando hai necesidade, xoga coas familias”. A ANPA fai un chamamento á sociedade para que se sume a esta concentración que terá lugar o 12 de xuño ás 18 horas diante da delegación da Xunta de Galicia na praza Amada García de Ferrol.
Publica o teu comentario agora