Defensa do galego en Europa

Defensa do galego en Europa
18 de Xaneiro, 2024 - 05:26 h. | Publicada por Radiofusión

Xunta e estado incumpren as indicacións do Consello de Europa sobre o galego. Unha delegación galega reuniuse co comité de expertos da Carta Europea das Linguas Minorizadas. A institución europea
recomenda eliminar as limitacións ao ensino en galego en todos os niveis. Os representantes da Asociación de Medios en Galego reclamaron maior transparencia nas axudas aos medios de comunicación. Tamén pediron unha maior conciencia lingüística nas diferentes administracións. Apelaron á cidadanía e a todas as forzas políticas considerando que a diversidade lingüística é un patrimonio cultural da humanidade. Entregáronlle aos expertos sendos informes detallando a situación da lingua galega en distintos ámbitos da sociedade.

AMEGA e A Mesa no Congreso dos Deputados

Marcos Maceira e Elsa Quintás (A Mesa) Pablo García e Henrique Sanfiz (AMEGA) Henrique Costas (Prolingua) e Natalia Jardón (Axuntar) compuxeron a delegación galega que se entrevistou cos  representantes europeos.
A Mesa pola Normalización Lingüística informou o comité de expertos da Carta Europea das linguas do Consello de Europea do nivel de cumprimento deste tratado internacional que están infrinxindo a Xunta e o goberno español. Acompañaron a principal entidade de defensa da lingua galega outros colectivos polo galego como a Asociación de Medios en Galego (Amega), Prolingua e Axuntar (Eo-Navia). Previamente, Amega e A Mesa mantiveron o mércores 17 de xaneiro de 2024 unha xuntanza con representantes dos grupos parlamentares no Congreso dos Deputados.

Cultura

Publica o teu comentario agora