Defensa do lobo

Defensa do lobo
29 de Maio, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“A poboación de lobos en Galicia está estancada”, segundo os censos realizados pola administración. Por iso, sorprende a proliferación ultimamente de noticias referidas a ataques causados por lobos que causan alarma na poboación. Falamos en Radio Fene, no espazo Radio Animal, con Jorge García, voceiro de Grupo Lobo, asociación sen ánimo de lucro con sede en Narón creada en 2016 que traballa en Galicia para a defensa e conservación da diversidade. 

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/290523ANIMAL.mp3

Fotografia cedida Grupo Lobo

O medo ao lobo “é cultural, o ser humano non está na súa dieta, a súa reacción é fuxir, non  hai ataques de lobo a humanos, podería darse algún, si, pero a realidade é que non se dan, o que hai é un alarmismo que non está xustificado e é tendencioso”, asegura o experto.  Grupo Lobo quere favorecer a coexistencia entre lobos e humanos porque esta especie desempeña un labor positivo no ecosistema. “O lobo garante que se manteñan os equilibrios do ecosistema, provoca unha mellora xenérica das presas sobre as que depreda, facilita que sexan os máis sans os que se reproduzan”. Certo que “a maioría dos ataques a gando notificados son causados polo lobo”, recoñece. Por iso, “é imprescindible protexer ao lobo e protexer ao gandeiro. Non se pode entender protexer ao lobo sen protexer ao gandeiro, conviven no mesmo espazo e teñen que aprender a convivir. É cuestión de remar na mesma dirección gandeiros, conservacionistas e a administración”.  A intolerancia, a presión humana que provoca degradación dos hábitats e atropelos nas estradas, e a perda de diversidade xenética son os principais problemas aos que se enfronta o lobo, que está repartido polo 90% do territorio en Galicia.

Sociedade

Comentarios

Lobo Ibérico, vivo é sinal de ecossistemas mais equilibrados e sustentáveis. Ponto. A natureza selvagem não necessita do humano para nada, já os humanos sem a natureza biodiversa não existirá. Ponto.
Nome: 
Augusto Almeida

Publica o teu comentario agora