Defensa do transporte público

Defensa do transporte público
16 de Setembro, 2026 - 12:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene apoia ás persoas usuarias do transporte publico. A alcaldesa, Sandra Permui, solicitou un encontro coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta ante os continuos problemas que se están a padecer no transporte por estrada.

O Concello de Fene solicita unha reunión coa Xunta ante o agravamento dos problemas no transporte interurbano por estrada coa volta ao curso académico. A alcaldesa reclama solucións urxentes á Dirección Xeral de Mobilidade polos retrasos, as frecuencias insuficientes e os autobuses que deixan a usuarias en terra. O goberno local reafirma o seu apoio aos colectivos que levan anos reclamando un transporte público digno para a comarca.

“Non podemos asumir con normalidade que cada día haxa estudantes e traballadoras que queden en terra porque os autobuses van completos ou porque os horarios non responden ás necesidades reais da comarca", explicou a alcaldesa, Sandra Permui. A rexedora considera que "é imprescindible que a Xunta, como administración competente en materia de transporte, adopte medidas inmediatas e esixa ás empresas concesionarias un servizo acorde coa demanda existente".

 

Institucional

Publica o teu comentario agora