Deixar de fumar

Deixar de fumar

01 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A farmacia de Fene únese aos actos organizados co motivo da celebración do “Día Mundial sen Tabaco” impulsando unha campaña dirixida a aquelas persoas que queiran deixar de fumar. O vindeiro luns 3 de xuño ás 18:00h, terá lugar unha charla motivacional que impartirá a doutora, Elena Romero, con ampla experiencia en procesos de deshabituación tabáquica. Con esta iniciativa preténdese axudar ás persoas interesa

Durante a charla daranse consellos acerca de pautas de conduta e modificación de comportamentos que axudarán no proceso de deshabituación, trátase dunha charla participativa onde se resolverán as dúbidas que os asistentes poidan ter.

A Farmacia comunitaria en contacto directo co paciente, realiza un labor imprescindible na promoción da saúde e de hábitos de vida saudables. Cada vez máis farmacias participan en campañas de deshabituación do tabaco, que axudan a mellorar a saúde e a calidade de vida dos nosos veciños.

O equipo de farmacéuticos da Farmacia de Fene, asesorará, xunto ao resto de profesionais sanitarios, aos pacientes que decidan deixar de fumar, acompañándoos de forma individualizada ao longo de todo o seu proceso de deshabituación.

As persoas interesadas en asistir á charla, poden inscribirse na Farmacia de Fene na Estr. da Fraga s/n, ou ben solicitar a súa inscrición a través do teléfono 981 340153, do correo electrónico  info@farmaciadefene.es ou das diferentes redes sociais nas que a farmacia ten presenza.

Sociedade