Deixar fóra o negativo

Deixar fóra o negativo
23 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Patricia Bouza Soto é a usuaria máis nova do Programa Indira, un espazo que ofrece ás mulleres de Fene a Concellería de Benestar e Igualdade. Falamos con ela e con Pilar Couce, coordinadora da área de Benestar e Igualdade. 

ESCOITA O PODCAST:

“O primeiro é respectarse, valorarse e deixar fóra todo o que sexa negativo”, di Patricia que participa nas sesións de Indira desde o ano pasado. Ela ten vivido experiencias difíciles e destaca o apoio e a confianza que atopou no grupo. Durante o outono traballaron na necesidade de eliminar as toxicidades, nas últimas sesións tratan sobre situacións cotiás de violencia de xénero e acoso. 

Institucional

Publica o teu comentario agora