Deixar o traballo

Deixar o traballo
04 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Case a cuarta parte dos traballadores, o 24%, quere deixar a empresa. Os que prefiren quedar dan importancia á estabilidade. Son datos dunha enquisa na que se rexistran queixas dos traballadores por sobrecarga, estres e malestar. Falamos dese malestar e de como afrontalo esta mañá co psicólogo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

“Non somos compartimentos estancos”. Por iso, tamén no traballo teñen influencia o compoñente social, as relacións cos compañeiros, e o psicolóxico, o resto das cousas que nos pasan, explicou Barcia.  

Motivar aos traballadores. Que poidan experimentar certa capacidade de decisión, algunha liberdade. Recoñecerlles o que está ben feito. Facilitar momentos e contextos de relación entre traballadores. Son consellos que deu o psicólogo, para as empresas que queiran mellorar o benestar do seu persoal e mesmo aumentar o seu rendemento na empresa.  

 

Imaxe de Navantia Fene

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora