ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene está a desenvolver labores de limpeza dos ríos como medida preventiva para evitar asolagamentos na tempada de chuvias, dentro dun plan da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Cristina García Moroño.

Os traballos para limpar as canles de ríos de Fene que ten en marcha o Concello comezaron hai dúas semanas días na zona alta do Cádavo. Primeiro rozaron as beiras do río e esta mañá os operarios sacaban lamas e sedimentos do fondo da canle, na zona próxima a Casa do Concello. Retiran ramas, troncos ou sedimentos que poidan dificultar o paso das augas para que os ríos estean en perfectas condicións antes da chegada das chuvias continuadas e intensas, explicou a concelleira de Medio Ambiente. Cristina García Moroño tamén anunciou que se farán traballos semellantes nos ríos en Maniños, Barallobre e Limodre.
Publica o teu comentario agora