ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Xogamos ben, pelexamos moito pero ao final os resultados non chegan”. Resultado da viaxe a Lugo do Maniños na Segunda Galicia de fútbol feminino. San Roque 4-1 Maniños. Falamos do sucedido no campo do Polvorín co míster Juanjo Iñiguez, Cebolo, e coa xogadora Andrea Bellón, que se enrolou esta temporada nas filas do Maniños
“Traballar sobre todo psicoloxicamente”. Obxectivo que se marca o adestrador para esta semana consciente de que “non chega o premio e iso crea un problema porque xogan moi ben, traballan, pelexan pero ao cabo os puntos non chegan”. “Vino bastante igualado, podíamos ter gañado”, opina Andrea Bellón, autora do tanto do Maniños. Marcouno de penalti. Andrea leva “toda a vida xogando ao fútbol”. Militou no Racing e no Galicia de Caranza. Alí coincidiu con Juanjo. “Con el vou ao fin do mundo, coñecémonos hai moitos anos”. A súa impresión sobre o Maniños non pode ser mellor.“Sorprendeume moi gratamente, hai moi bo rollo é unha das cousas moi boas que ten o equipo”.
Publica o teu comentario agora