ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tanto o BNG como o PSdeG- PSOE demandaron esta mañá que o presidente da Xunta Alfonso Rueda compareza mañá mércores no Parlamento para dar explicacións sobre o "caso Villares". Socialistas e nacionalistas coinciden en criticar que o PP mantivera no cargo a Alfonso Villares durante catro meses despois de coñecer a denuncia por agresión sexual presentada por unha muller de Ferrol. Censuran ademais que o despediran con abrazos e honores "porque iso traslada a imaxe de homenaxe a un presunto agresor" indican. Na Xunta de Portavoces, o voto contrario dos populares impediron a aprobación desa comparecencia.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiulle o titular do Executivo galego, Alfonso rueda, Rueda que compareza de inmediato no Parlamento de Galiza para dar a cara e explicar por que durante meses ocultou e encubriu que o seu conselleiro do Mar tiña unha denuncia “nada máis e nada menos” que por unha agresión sexual.
“É un feito gravísimo que ten que ser explicado onde están os representantes do pobo, na Cámara que representa a cidadanía”, recalcou, emprazando o presidente da Xunta a “non se esconderse e a dar a cara” para explicar “unha das páxinas máis indignas que temos visto na historia do noso País”.
Referiuse así á despedida que lle fixeron tanto Rueda como os seus conselleiros ao xa ex titular de Mar, Alfonso Villares, a semana pasada en San Caetano. “Un presunto agresor sexual que é despedido con todos os honores entre bicos e abrazos por todos e cada un dos membros do Goberno galego, enviando unha mensaxe que é demoledora para todas as mulleres, e moi especialmente para as mulleres que sufriron algún tipo de agresión sexual ou de violencia machista”, expresou, criticando a mensaxe trasladada. “Ante unha denuncia, o que fan é poñerse do lado do agresor e non do lado da vítima. E isto é absolutamente grave e debe de ser explicado”, manifestou.
A líder nacionalista confía en que a Xunta de Portavoces convocada de urxencia para este martes a petición do BNG dea luz verde á comparecencia do presidente do Executivo xa no Pleno desta semana. “O que lle pedimos ao señor Rueda é que dea a cara, que dea explicacións e que non se esconda”, incidiu, porque “ten que explicarlles ás mulleres deste País por que, ante unha denuncia de agresión sexual, encobre e mantén ese conselleiro en vez de facer o que calquera persoa con sentido común tería feito nese momento: apartalo do seu cargo e, en todo caso, que esa denuncia seguise o trámite xudicial que quixese”.
Publica o teu comentario agora