Demandan os seus dereitos

Demandan os seus dereitos
26 de Maio, 2021 - 12:42 h. | Publicada por Radio Fene

A escola infantil de Fene sae á rúa en demanda dos seus dereitos. A Xunta de Galicia actúa en fraude de lei, segundo denuncian. As 13 persoas, mestras, educadoras e persoal de servizos xerais, levan 14 anos traballando na escola e teñen aínda o contrato feito para a posta en marcha da galescola. 

ESCOITA O PODCAST:
Reclaman á Xunta de Galicia fixeza nas escolas infantís

Queren facernos unhas oposicións, cando esas oposicións xa se fixeron no seu momento, segundo Marián Calvo, da escola infantil de Fene. Hai varias demandas interpostas reclamando o dereito á fixeza e o primeiro dos xuízos espérase para o mes de outubro. Ao persoal da escola infantil de Fene no seu momento lle dixeron que xa tiñan o exame aprobado e non necesitaban de pasar de novo por oposicións. Máis dun cento de persoas concentráronse onte á tarde na Praza Ramón Souto en apoio das demandas do persoal da escola infantil de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora