Demasiadas baixas

Demasiadas baixas
25 de Outubro, 2022 - 02:35 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío 0-2 Orzán. As baixas minaron ao Perlío. As xogadoras fixeron un bo traballo, pero notáronse as ausencias. Con tres baixas en ataque e unha lesionada no minuto 30. Notáronse as baixas pero tamén influíu a calidade do rival. Por algo está o Orzán, con doce puntos, nos primeiros lugares da táboa. Foi o rival complicado que agardaba o adestrador Carlos Carballo, Vinky.  

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un partido bastante igualado, pero notouse a calidade do rival, por algo van aí arriba”, explica Carballo. “As rapazas fixeron un traballo estupendo. Fixemos un gran partido, decidiuse en pequenas cousas. Quero felicitar ao rival e tamén ás miñas xogadoras polo esforzo, xa que fomos con numerosas baixas, so eramos doce e aos 30 minutos lesionouse unha xogadora, polo tanto xa quedamos sen cambios”. “Con xogadoras en posicións que non eran as súas habituais, fixeron un bo partido e hai que seguir traballando”, resume o adestrador.

 

Fotografía: Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora