Demasiadas pantallas

Demasiadas pantallas
21 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Preocupa e moito a exposición dos menores ás pantallas. Unha preocupación que senten tamén os rapaces e rapazas, segundo se reflicte nun estudo elaborado pola Fundación Orange e Save the Children do que informou en Radio Fene Iago Varela. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Hai unha preocupación xeralizada polo tempo que pasan diante das pantallas e os riscos que pode causar, o 93% recoñece que debera cambiar os hábitos”, sinala Iago Varela. Os propios adolescentes pensan que pasan demasiado tempo conectados. Reducir o tempo de conexión é a medida máis comentada, tamén dedicar máis tempo a actividades fóra das pantallas e evitar durmir lonxe dos dispositivos. Ademais, o 14% afirman que os adultos usan máis tempo as pantallas ca eles. Entenden que é importante protexer os seus hábitos en liña “pero máis da metade non sabe como facelo”. Se reciben mensaxes de acoso ou perigosos, a reacción máis habitual é bloquear, pero un 13% opta por non facer nada.“ Isto é o máis preocupante, reflicte o medo ou falta de ferramentas para afrontar situacións perigosas, por iso é fundamental que nas familias se creen espazos de diálogo para que os menores saiban que non están sós”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora