Demasiado avultada

Demasiado avultada
26 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Vitoria xusta, pero bastante avultada para os méritos dos dous equipos”, opina Carlos Carballo, Vinki, sobre o resultado do partido da Terceira Galicia da Liga de fútbol feminino disputado o domingo nos Pinares. Perlío 0-3 Orillamar. Pasaron polos micrófonos de Radio Fene o míster, a delegada do equipo, Conchi López, e a xogadora Iria Tenreiro

ESCOITA O PODCAST:

“Bastante igualado ata a última media hora”, sinala o técnico. “Na primeira metade houbo moi poucas ocasións de gol, a partir do minuto 15 da segunda metade fan o gol nunha contra nos fan o 0-2. Tivemos que facer un par de cambios que non entraban nos plans, por lesións, e o equipo quedou un pouco descompensado”.

“Non xogamos o xogo de todos os partidos”, recoñece Iria, veterana aos seus 22 anos. Comezou xogar no Perlío con 5 anos, pasou catro temporadas noutros equipos. En 2017, “cando fixeron o feminino volvín para o equipo da miña casa”. É quen de compatibilizar dedicación ao fútbol co traballo e a vida social dunha moza da súa idade. Dous anos despois, súa nai, Conchi, incorporouse aos labores no equipo. “Xa tiña que ir con Iria e gustábame”, lembra. O balance? “positivo, cando estás con xente nova aprendes moitas cousas”.

Deportes

Publica o teu comentario agora