Demasiado coqueto para chegar a vello

Demasiado coqueto para chegar a vello
12 de Outubro, 2021 - 08:28 h. | Publicada por Radio Fene

Este capítulo do podcast Os incurábeis vai adicado a Xosé Luís González Filgueira veciño dos Castros na Coruña que inspirou o personaxe de Habano Dandi ao escritor Antonio Tizón.

ESCOITA O PODCAST:
Xosé Luis González Filgueira

Texto de homenaxe a Xosé Luís González Filgueira escrito polo seu fillo Tone 

 

Demasiado coqueto para envellecer, 

Demasiado garboso para engurrarse no seu traxe que nunca se engurrou, 

Demasiado fuxefuxe para permanecer máis tempo neste mundo, 

Demasiado deportivista para ver o seu Dépor en Segunda B, 

Demasiado coruñés para nacer tan lonxe da rúa Alameda, 

Demasiado complicado fumarse un puro con máscara, 

Demasiados gorrións orfos das túas migas de pan, 

Demasiados ollos verdes tristes e vidrosos na túa despedida, 

Demasiados recunchos do barrio nos que creo verte, 

Demasiados abrazos de gol compartidos, 

Demasiados viños que nos quedaron por compartir, 

Demasiado ben que o fixeches cos catro irmáns que me deches, 

Demasiado teremos que esperar para dedicarche unha carreira, 

Demasiado pouco parécenme 50 anos de matrimonio coa Pola, 

Demasiado orgulloso de ser o teu fillo, 

 

Demasiado, o Edu era demasiado... 

 

By Tone Glez. Fdez. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora