ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A moza Ainara Soto Reino gañou o premio do Segundo Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno, convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial na categoría xuvenil.O premio causoulle sorpresa, segundo recoñecía en Radio Fene.
Ainara, de 14 anos, veciña da Coruña, ten moita afección polo debuxo e gañou o certame na súa categoría coa obra titulada Imaxinando o futuro. Nun acto que terá lugar este venres, ás seis da tarde, recibirá o premio na categoría xuvenil, para rapazada de 12 a 16 anos. O xurado valorou na súa obra a combinación perfecta entre guión e debuxo, unha técnica de cor espectacular en relación á categoría que compite e o uso moi correcto da narrativa gráfica.
Publica o teu comentario agora