ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nerea, Salma, Candela e Iago. Catro promesas da banda deseñada galega. Obtiveron o recoñecemento do xurado que fallou o I Concurso de banda deseñada de Fene, instituído polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. Felicitamos desde Radio Fene a Nerea Italia Couce, alumna do CPI San Sadurniño e gañadora do primeiro premio.
“Houbo estres, porque non se nos ocorrían ideas, pero a experiencia foi boa”, di a autora da historieta “Vistas galegas” que ten doce anos e cursa 1ª da ESO no CPI San Sadurniño. O Concello de Fene entregou os premios do I Concurso de banda deseñada Demo Pequeno, nun acto, na Casa da Cultura, que presidiu o alcalde en funcións, Juventino Trigo, e coa presenza, tamén, do concelleiro de Cultura en funcións, Justo Ardá. “Gústanos moito debuxar a todos”, explica Nerea a canteira que parece haber no CPI San Sadurniño, pois outra alumna do mesmo centro tamén foi premiada. Seguramente algo ten que ver “Manolo, o profesor de plástica, a verdade é moi bo”. Foi el quen os animou a participar no certame.
Nerea Italia Couce fíxose co primeiro premio, dotado con 200 euros. Salma García Castro, do IES Canido, acadou o segundo premio, consistente nun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, polo seu traballo “A galiña”. Outra alumna do CPI San Sadurniño, Candela Salgado Calvo, gañou o terceiro premio, dotado cun lote de material artístico, coa obra “A ovella Rigoberta”. O xurado concedeu, ademais, un accésit a Iago González Pombo, do CEIP Canosa Rus de Coristanco, pola obra titulada “Unha pataca no monte”.
Publica o teu comentario agora