Demostración de compromiso

Demostración de compromiso
05 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Sacaron o xenio, pero non abondou. Na Terceira Galega do fútbol feminino, o Perlío tentouno pero non puido facerse cos tres puntos. Eirís 2-1 Perlío. Analizamos o partido co adestrador, Carlos Carballo, Vinki

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un partido moi disputado, sabíamos que ía ser moi físico”. Recoñeceu o técnico o compromiso das xogadoras e o seu esforzo, a pesar de non poder sumar os tres puntos na Coruña. O campo de xogo da antiga Leyma non estaba nas mellores condicións e o Perlío viaxou moi escaso de efectivos. Moitas baixas por motivos de traballo obrigaron ao adestrador a facer encaixe de palillos co escaso número de efectivos dispoñibles. 

Deportes

Publica o teu comentario agora