Dende Madrid a Compostela

Dende Madrid a Compostela

01 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro domingo ponse en marcha unha nova edición do programa Aulas no Camiño que este ano se adica aos “territorios, itinerarios e símbolos”. Afondar no estudo da realidade que atravesa o Camiño de Santiago e profundizar na súa promoción e difusión, son os obxectivos deste proxecto que dirixe o profesor Xosé Leira.

Vinte alumnos/as do campus de Ferrol participarán este ano na peregrinaxe de Aulas no Camiño que se desenvolverá do 5 ao 16 de xullo, con paradas para distintas actividades académicas (no campo da antropoloxía, a historia, a historia da arte ou a literatura). Desta vez o curso itinerante plantéxase no percorrido do Camiño de Santiago dende Madrid a Compostela, rematando en Fisterra.

Sociedade