Denunciado no exame de conducir

Denunciado no exame de conducir
10 de Xullo, 2024 - 07:24 h. | Publicada por Radio Fene

Sorprendido un home que usaba aparellos non autorizados no exame teórico para aprobar o carné de conducir. Axentes do destacamento da Garda Civil de Tráfico de Ferrol detectaron a un aspirante que estaba a utilizar medios técnicos non autorizados durante a realización das probas teóricas para a obtención do permiso de conducir da clase B.

 

Os examinadores sospeitaron que un aspirante de nacionalidade paquistaní podería estar valéndose de medios técnicos non autorizados durante a realización das probas teóricas no centro de exames de Ferrolterra, o pasado día 5 de xullo. Solicitaron por iso a colaboración dos gardas de Tráfico para realizar as comprobacións de identidade e detección de posibles infraccións durante as probas. Os axentes descubriron que o aspirante utilizaba dous dispositivos de telefonía móbil conectados a unha cámara de captación de vídeo e audio ocultos baixo a roupa, así como un pequeno auricular inalámbrico inserido no conduto auditivo. Segundo aclara a Garda Civil, a Lei de Tráfico tipifica como infracción moi grave o uso destes dispositivos. Estipula tamén que o aspirante non poderá presentarse ás probas para a obtención ou recuperación do permiso ou licenza de condución no prazo de seis meses.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora