ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A operación das preferentes foi planificada polas direccións de Caixa Nova e Caixa Galicia". Esa é a tese que esta mañá espuxo o dirixente da CIG Banca, Clodomiro Montero, e que leva ao sindicato nacionalista a presentar unha querela criminal contra os equipos directivos das antigas caixas, como responsabeis dun suposto delito de estafa.
A Confederación Intersindical Galega (CIG) anunciou que o seu gabinete xurídico presentará a denuncia perante a Audiencia Nacional contra a cúpula das extintas caixas de aforro.
A decisión está relacionada co calote das preferentes e exixe responsabilidades legais aos antigos directores xerais e presidentes de Caixa Galicia e Caixa Nova por un suposto delito de "estafa", "publicidade enganosa", "apropiación indebida" e "maquinación para alterar o prezo das cousas". A querela tamén atinxirá a dirección resultante da fusión de ambas as dúas entidades.
José Luis Méndez (recibiu no seu día 16,5 millóns de euros pola súa xubilación anticipada, segundo o xornal El Pais), José Luis Pego, Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso --xunto con outras 79 persoas-- terán de responder pola comercialización de produtos financeiros tóxicos entre @s aforrador@s sen a información debida e en moitas ocasións mesmo sen o seu consentimento.