Denuncian a apertura de galerías subterráneas na conca Miño Sil sen informe ambiental

Denuncian a apertura de galerías subterráneas na conca Miño Sil sen informe ambiental

04 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A Asociación ADEGA e a Fundación Xermán Estévez piden aclaracións e responsabilidades por que altos cargos de Urbanismo autorizan a apertura de galerías subterráneas na conca Miño Sil, no concello de Nogueira de Ramuín o 16 de xuño do 2008 cando o informe de impacto ambiental ten unha data posterior, concretamente de 8 de xullo. Para ADEGA estos datos demostran que se saltou o procedemento administrativo e o mesmo tempo se prec

Neste senso ADEGA e a Fundación Xermán Estévez van enviar toda a documentación a fiscalía de medio ambiente para que investigue por qué a consellería de Política Territorial autoriza unhas obras onde non ten competencia e o mesmo tempo non respecta a normativa ambiental en vigor. Polo tanto os membros de ADEGA e da Fundación Xermán Estévez, pídenlle o novo goberno que cese e depure responsabilidades por actuar dun xeito temerario "prostituíndo" a normativa en vigor.

 

ADEGA e a Fundación Xermán Estévez forman parte da Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra e nos próximos días esta plataforma ten previsto a levar a cabo accións de protesta polas concesións hidráulicas, os proxectos inclúen a construcción de seis ampliacións de encoros,  na cunca Miño-Sil xa que son un atentando contra a paisaxe, contra a vida dos ríos e deterioran os elementos naturais.

Sociedade