Denuncian desfeita no patrimonio

Denuncian desfeita no patrimonio
28 de Xuño, 2021 - 09:26 h. | Publicada por Radio Fene

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Marraxón en Sillobre denuncia a desfeita que se produciría no patrimonio cultural  si sae adiante o actual proxecto da construcción do denominado "Parque Eolico Caaveiro". O proxecto exposto a trámite de exposición pública, recolle a montaxe dos dous aeroxenedarores que van no monte Marraxón (un no concello de Fene e outro no concello de Neda). As vias de servizo e evacuación previstas nun gran treito por terreos do monte comunal, conlevarían a total destrucción de centenares de metros de valado de pedra seca en todo o linde ao leste das parcelas de Coto do Rei e Cal do Foxo con propiedades particulares.

Valado de pedra seca en Marraxón. Sillobre. Fene

A Comunidade de Montes estima que a actuación faría desaparecer en total  máis dun quilometro de valados de pedra seca ao longo de Marraxón. Os valados de pedra seca forman parte da  Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da Unesco, polo que a súa conservación é a todas luces necesaría e prioritaria. A comunidade de montes anuncia alegacións a este proxecto . Non desbotan poñer en coñecemento da Unesco este tema.

Sociedade

Publica o teu comentario agora