Denuncian a inclusión dun cura na Comisión Galega de Coidados Paliativos

Denuncian a inclusión dun cura na Comisión Galega de Coidados Paliativos

17 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A Consellería de Sanidade incluiu a un sacerdote na Comisión Galega de Coidados Paliativos, en calidade de representante da Igrexa católica. O feito provoca a denuncia da CIG-Saude que reclama a profesionalización do coidado aos doentes en situación terminal. O sindicato nacionalista recoñece o dereito á asistencia espiritual, pero a administración pública debe respetar as confesións e as crenzas dos cidadáns e non impor á r

Na xornada na que comezaron oposicións para milleiros de persoas que optan a un posto de traballo no Servizo Galego de Saúde, atendemos tamén ás demandas que o sindicato nacionalista lle fai á conselleira de Sanidade Pilar Farjas. Acúsana de traballar a prol da privatización do sistema público e de facelo permeable as súas conviccións católicas integrando a un cura na Comisión Galega de Coidados Paliativos.

 

Recortes orzamentarios, de dereitos e de contratacións, e falla de respecto aos acordos da mesa sectorial da Sanidade que establecía a mellora das condicións de traballos dos empregados do Sergas, a continuidade do Plan Mellora de Atención Primaria e o desenvolvemento do Plan Galego de Saúde Mental. A lista de queixas de CIG-Saúde no debe da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, dende que tomou posesión, é longa. A secretaria xeral do sindicato, María Xosé Abuín denuncia unha precarización do servizo público de saúde e a deriva cara un modelo privatizado. Non a tranquilizan as intencións da Xunta de manter o actual mapa sociosanitario, porque na práctica pódeo modificar de maneira indirecta, como xa estaría a acontecer na provincia de Lugo.

 

A inclusión dun cura na Comisión Galega de Coidados Paliativos é a última decepción referida por CIG-Saúde. O sindicato remitiu un escrito á Consellaría no que se desbota esa iniciativa e se demanda a profesionalización dun servizo de coidado integral aos doentes en situación terminal. “Hai dereito a unha asistencia espiritual –explica Abuín- pero a Administración debe ter en conta a confesión do paciente e non impor unha concreta”.

Sociedade