Denuncian o deterioro do pantalán de Cesantes

Denuncian o deterioro do pantalán de Cesantes

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O PP esixe a reforma do pantalán de Cesantes que segundo afirman se atopa nunha situación lamentable e a piques de derrubarse.Os populares presentarán unha moción neste sentido no pleno ordinario deste mes de maio reclamando ao goberno local “que tome as medidas oportunas para solucionar este problema que afecta ós veciños e ós mariñeiros da zona”.

Engaden que no caso de que esta construcción se derrube dado o “actual estado de deterioro absoluto que presenta os danos que poidan ocasionarse serán responsabilidade do alcalde, Xaime Rei e do seu goberno municipal”. Dende o PP a súa voceira Francisca Canal lembra que a reparación e mantemento desta infraestructura compete a Costas do estado e que debería ser o alcalde o encargado de negociar a súa rehabilitación.

Cultura