Denuncian a suba da luz en Galicia, “onde se produce máis electricidade da que se consume”

Denuncian a suba da luz en Galicia, “onde se produce máis electricidade da que se consume”

01 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A tarifa da luz sobe hoxe preto dun 4%. O candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, oponse a este novo incremento da enerxía eléctrica. O deputado nacionalista pregúntase “como é posible que nos últimos seis anos a electricidade en Portugal baixase de prezo o 25% cando é un país que importa practicamente toda a electricidade que consume, e ao mesmo tempo

Jorquera denunciou que isto débese, entre outros aspectos, “a leis feitas a medida das grandes eléctricas, que non teñen en conta, por poñer un exemplo, que os custos de distribución en Galicia son moito menores que noutras partes do Estado dado que as fontes de produción están moito máis preto dos consumidores”.

Sociedade