ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A Xunta, no seu afán privatizador, concede máis cartos ás empresas privadas que a entes públicos para desenvolver cursos de formación" afirma Esquerda Unida nun comunicado, no que denuncia o reparto arbitrario dos fondos europeos destinados a cursos para desempregados. Tamén o alcalde de Oleiros Angel López Seoane reclama unha investigación da fiscalía polo posible "trato de favor ao grupo Azetanet".
Segundo salienta nesta xornada o Xornal de Galicia , o citado grupo recibiu este ano "maís dun millón de euros en cursos da Consellería de Traballo". O director de Azetanet, Gerardo Crespo, nomeou á conselleira de Traballo Beatriz Mato, Coruñesa do Ano, a través dunha asociación que preside.