Denuncian un ERE encuberto na sanidade pública

Denuncian un ERE encuberto na sanidade pública

13 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A portavoz de sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou que o Goberno galego está a executar "un ERE encuberto" na sanidade galega a través da "imposición de xubilacións forzosas" a todos os médicos ao cumprir os 65 anos de idade, para deixar estas prazas vacantes. Acuña lembra que as previsións da Xunta ascendían a retirar do sistema a 800 profesionais entre 2009 e 2015. Por iso, levou unha serie de iniciat

Respecto diso, denuncia que, ao mesmo tempo que os profesionais son xubilados, o Goberno galego négase a repor as súas prazas con novos profesionais. Agrega que a Xunta mesmo se opón a repor o mínimo do 10% das prazas que permite a lei, co que se provoca "a perda dun número moi importante de traballadores para o sistema público de saúde".

   A xuízo de Acuña, o PP ten unha "estratexia descarada de empeorar a calidade da sanidade pública para impulsar a privada". Así, acusa  á Xunta de executar "un ERE descapitalizador do sistema sanitario público en cantidade e en calidade", botando fóra á elite dos profesionais, que podían ampliar o seu exercicio até os 70 anos de idade. "Son empuxados a marcharse para que os absorba o sistema privado", censura.

Sociedade