Denunciar, difícil pero necesario

Denunciar, difícil pero necesario
08 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Denunciar. Este é o consello que transmitiu a través de Radio Fene a asesora xurídica dos servizos sociais municipais, Susana Martínez Galdos, ás vítimas de violencia machista.

ESCOITA O PODCAST:

“A vítima debe protexerse”. Denunciar é o primeiro paso que debe dar unha muller vítima de violencia de xénero. Sexa na modalidade que sexa, violencia física ou psicolóxica. “A denuncia é difícil”, pero necesaria. Pode ser duro e difícil para unha muller que sofre o desgaste de semellante situación que lle mina a confianza en si mesma. Pero é importante para poñer en marcha o mecanismo da Xustiza e darlle protección, explicou Susana Martínez Galdos. Unha vez posto en marcha o mecanismo xudicial, as vítimas de violencia de xénero poden acceder a axudas psicolóxicas e económicas, entre outros apoios, indicou.

A avogada, especialista en asesorar a mulleres vítimas de violencia de xénero, lembrou a existencia dun teléfono, o 016, que non deixa rastro na factura ao que se pode chamar para pedir información. E sumouse ás voces que censuran as maneiras do xuíz no interrogatorio á muller que denunciou a Iñigo Errejón. “Sentín vergoña escoitando esa violencia institucional, o que fixo ese xuíz, entendo que  hai que facer preguntas pero hai moitas formas de facer as preguntas”.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora