Deolinda levará a voz indignada da mocidade lusa ao Festigal

Deolinda levará a voz indignada da mocidade lusa ao Festigal

24 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Festa rachada! Iso promete o cartel do Festigal 2011, que se celebra o domingo 24 e o luns 25 no Campus Sur en Santiago de Compostela, organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova. Haberá festa malia os recortes orzamentarios, o que non impedirá que as noites de concerto conten cun cartel de prestixio. O domingo, os portugueses Deolinda, voz da Geraçao á Rasca, actuarán canda Dios Ke Te Crew, presentando novo traballo, Lor

O Festigal é moito máis que música. É un escaparate da creación cultural galega e do asociacionismo e o activismo dende unha perspectiva sempre de país. É tamén un espazo para a reflexión, que conta cunha Galería das Ideas na que o domingo á unha do mediodía vai estar presente Radiofusión, presentando a nova Asociación de Amizade coa Radio Local en Galicia.

Sociedade