Dependemos de nós

Dependemos de nós
25 de Febreiro, 2025 - 02:39 h. | Publicada por Radio Fene

Non tivo o día e non puido puntuar no Pote. Perdeu 0-1 o Maniños este domingo fronte ao Orillamar da Coruña. Segunda División Galega Feminina. “Hai días que non saen as cousas, quedo co esforzo realizado polo equipo”, di Noelia Leiras.

ESCOITA O PODCAST:

“O partido mantívose a ceros ata a segunda parte. Non temos o día, non saen ben os pases, temos ocasións non boa finalización”, resume o acontecido no partido Noelia Leiras.

“Podemos e confío nelas”. A adestradora mira adiante e anima a “pelexar polos puntos que quedan, aínda estamos vivas e so dependemos de nós”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora