Dependencia, economía e urbanismo

Dependencia, economía e urbanismo
28 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Non hai xestión”, sostén o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego, crítico coa labor do Goberno municipal na valoración que fixo da actualidade política no espazo As Foxas de Radio Fene.  

ESCOITA O PODCAST:

Dependencia, economía e urbanismo son puntos débiles do Concello de Fene, a xuízo do voceiro do PP. “Está habendo problemas coa adxudicataria do servizo de axuda no fogar”, segundo indicou Gumersindo Galego, que alertou dun posible incumprimento do contrato. En materia de urbanismo, lembra que “fomos incapaces todos desde 2010 de sacar adiante a revisión do Plan” e advirte que a situación pode prolongarse. “Deuse a entender na comisión a intención de rescindir o contrato e volver a contratar, iso levará como mínimo dous anos”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora