ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As Escolas Deportivas, que durante todo o ano ven organizando o Concello de Vilalba, terán o seu fin de tempada o vindeiro martes 23 na Praza da Constitución. Os mais de 670 alumnos, de disciplinas tan dispares como o fútbol sala, triatlón, aeróbic, ioga ou ximnasia rítmica, poderán desfrutar de diferentes actividades nas que primará a diversión por riba de todo.
O evento, que comezará sobre as 17.00 horas, non terá as tradicionais exhibicións, xa que, tal e como adiantou o concelleiro de Deportes, Jesús Bermúdez, “acaban por resultar un pouco pesadas para os pais e os nenos, que tiñan que esperar toda a tarde para levar a cabo a súa actuación, que duraba uns minutos”. Así, as mostras dos diferentes deportes serán substituídas por xogos relacionados co deporte, nos que poderán participar todos os cativos que así o desexen, estivesen ou non apuntados ás Escolas.
Cursos de piragüismo
O propio Bermúdez tamén anunciou a creación de dous cursos de piragüismo para este verán. Un deles será de iniciación e se desenrolará do 6 ao 24 de xullo, mentres que o segundo, o de perfeccionamento, terá lugar entre o 27 dese mesmo mes e o 14 de agosto.
Desde o Concello búscase dar continuidade a unha actividade que se vén desenrolando desde outubro e que contou con 20 aprendices de padexeiros. “Con esta actividade buscamos recuperar a tradición de practicar esta disciplina no noso río. Este é un deporte moi demandado pola xente e o poden practicar en tódalas idades, ademais de ser moi vistoso”, considerou o concelleiro de Deportes, Jesús Bermúdez.
Esta actividade estará impartida por membros da Federación Galega de Piragüismo. A inscrición custará 30 euros e non haberá límite de idade. O número de prazas tampouco está limitado, aínda que Bermúdez estableceu en 20 o número ideal, debido á dispoñibilidade das piraguas, aínda que tamén adiantou que se está buscando ampliar as súas unidades.