Deporte e escola

Deporte e escola
30 de Marzo, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Ten o mesmo sentido que sacarlles a comida”. Así valora o psicólogo José Barcia a posibilidade de castigar a estudantes que suspenden impedíndolles ir ás prácticas deportivas.

ESCOITA O PODCAST:

“Castigalos quitando algo que lles beneficia non parece o mellor camiño”, apunta Barcia que lembra os moitos beneficios da práctica deportiva. A nivel físico e tamén a nivel mental “facilita a entrada progresiva na sociedade, ten beneficios afectivos e sociais”. O exercicio físico tamén pode favorecer o rendemento académico ao traballar aspectos claves para mellorar o rendemento na escola como son atención, planificación e mesmo auto confianza. “Ter aos nosos fillos o máis sans posible sempre é beneficioso”, remacha o especialista en saúde e benestar. 

 

 

Na imaxe, Dia do Deporte na rúa en Fene. 2023

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora