Deporte e hostalería

Deporte e hostalería
04 de Maio, 2022 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

Tres persoas socias directivas do clube de fútbol sala A Fervenza puxeron en marcha El Patio de mi recreo, un local aberto na Avenida dos Arrieiros no poligono do Río do Pozo en Narón. Unen en duas naves unha pista de fútbol sala e unha cafetería ampla. Programan ceas baile para o presente mes de maio. Isi e Luis Zahera ofrecerán monólogos e Pakolas ofrecerá un concerto de rock dirixido á rapazada.

ESCOITA O PODCAST:
Fran Paz, de El Patio de mi recreo

 Levan mes e medio aberto e se amosan agradecidos da resposta da clientela. A Liga biberón disputase alí nese local con oito equipos, segundo explica un dos socios de El Patio de mi recreo, o veciño de Fene Fran Paz.  Está aberta a inscrición nun campionato de tute. Non hai problemas de aparcamento. Ademais teñen a concesión de Bico de xeado. El patio de mi recreo. No polígono de Río do Pozo en Narón. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora