ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Antes de comezar o curso, o Concello de Fene anima á veciñanza a saír á rúa facer deporte. Este domingo adultos e nenos e nenas temos ocasión de practicar todo tipo de actividades deportivas na XXXII edición do Día do Deporte na Rúa de Fene, organizada pola Concellería de Deportes, que dirixe Alba Garcia.

Máis de vinte disciplinas deportivas, ademais de xogos inchables, obradoiros informativos e circuítos participativos pon ao noso alcance este domingo, día 6, nesta trixésimo segunda edición do Día do Deporte na Rúa de Fene. Desenvolverase en horario de mañá, na contorna da Avenida do Tarrío, a rúa San Salvador e o CCRD de Perlío, espazos que se pecharán ao tráfico para seren transformados nun gran circuíto deportivo ao aire libre.
A cita ten por obxecto a promoción da actividade física e do ocio saudable en familia. A xornada desenvolverase entre as dez e media e as dúas da tarde. O programa inclúe propostas adaptadas a tódalas idades e niveis de condición física. Todo de balde e sen necesidade de inscrición previa. Ademais, as persoas que fagan un mínimo de cinco actividades recibirán unha camisola conmemorativa (ata esgotar existencias).
Dende a Concellería de Deportes destacan a colaboración do tecido asociativo e entidades locais (Colexio Jorge Juan Perlío, CCRD Perlío, Escudería Scratch Fene, Club Kang, Club Artes Marciais Fene, Escola de Judo Fene) no desenvolvemento desta xornada de Deporte na Rúa.
Publica o teu comentario agora