Deporte no Nadal

Deporte no Nadal
14 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Deporte para o Nadal. A programación deportiva para o Nadal que ten preparada o Concello de Fene inclúe actividades para todas as idades e afeccións. Presentouna en Radio Fene o concelleiro de Deportes, Adán Chao.

ESCOITA O PODCAST:

Campanadal, San Silvestre e moitas actividades máis coas que a Concellería de Deportes anima á veciñanza a facer exercicio durante o tempo de ocio do Nadal, ademais de facilitar a posibilidade de conciliar ás familias durante as vacacións escolares. Patinaxe, xogos acuáticos familia, bautismo de mergullo solidario son outras posibilidades que ofrece a programación deportiva para o Nadal. O prazo de inscrición para participar na programación estará aberta ata o día 19 de decembro.

Institucional

Publica o teu comentario agora