ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Festa do Deporte adaptado, Milla escolar e celebración do ascenso. Dous grandes eventos deportivos celébranse durante esta fin de semana en Fene. Falamos deles coa concelleira de Deportes, Cristina Garcia Mo roño, que aproveitou para felicitar a través dos micrófonos de Radio Fene ao C.C.R.D. Perlío polo seu ascenso á Primeira Galicia de fútbol. “Vivimos o domingo unha xornada especial no campo dos Pinares, temos que felicitar ao Perlío polo seu ascenso, foi un partido emocionante”, manifestou a concelleira de Deportes.
Fene acolle a primeira edición da Festa do Deporte Adaptado co obxectivo de “dar un paso máis na integración das persoas con diversidade funcional, os obxectivos son darlle visibilidade e motivar ás persoas que o practican”, destacou Garcia Moroño. Durante todo o venres estanse a celebrar exhibicións e ofrécese a posibilidade a todas as persoas de practicar distintas modalidades de deporte adaptado. Boccia, slalom, fútbol 7, baloncesto e rugby en cadeira de rodas, así como tenis de mesa, capoeira adaptada ou boxeo. “Un amplo abano de modalidades deportivas” que se practican estes días no pavillón de San Valentín. Ademais, o sábado disputarase o Primeiro Trofeo Galego de Deporte Adaptado. Será durante toda a xornada, desde as 10:30 horas. A entrega de trofeos está prevista a partir das 19:30 horas.
Outra gran cita deportiva esta fin de semana en Fene é a Milla escolar na que están inscritos xa case 500 nenos e nenas, aínda que os máis rezagados aínda teñen outra oportunidade para apuntarse. Poden facelo media hora antes do comezo das carreiras, que terán lugar en San Valentín, no exterior se fai bo tempo e se chovera serían no interior do pavillón. Ás 11:00 sairán os primeiros corredores, os de categorías superiores. Rematará ás 12:30 cando se dará a saída aos grupos de menor idade.
Publica o teu comentario agora