Deporte para todos

Deporte para todos
29 de Decembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xogar ao fútbol camiñando. Ou ao baloncesto ou ao rugby. Son novas modalidades deportivas adaptadas para que cumprir anos non impida practicar deporte e pasalo vén. O preparador físico e psicólogo José Barcia Tuccelli explicou as características do walking fútbol en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Máis que o compoñente competitivo o que se busca é a socialización e o fomento de hábitos saudables”. Explicou José Barcia Tuccelli que o walking fútbol naceu en 2011 para promocionar a práctica deportiva entre as persoas maiores. As regras do xogo son semellantes ao fútbol pero practicase camiñando. “Inténtase conservar a esencia, pero modificando as regras, a primeira norma é que non se pode correr, sempre ten que haber un pé en contacto co chan, e non se permite o contacto físico, non se poden facer entradas”. O obxectivo principal é que a xente se divirta practicando deporte.

Sociedade

Publica o teu comentario agora