ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Foi un éxito a iniciativa de introducir o deporte adaptado no Segundo Campus Multideporte organizado pola Asociación Veciñal de Limodre. Fixo balance das actividades o coordinador do Campus, Xurxo Rodríguez.

“Disfrutaron como nunca, sobre todo coas actividades novas”. Unha vintena de nenos e nenas de Limodre e da comarca participaron durante dúas semanas nas actividades deportivas do Campus, que se celebrou do 10 ao 24 de xullo. Tiveron ocasión de participar en numerosas actividades deportivas. Por primeira vez ofreceuse deporte adaptado, baloncesto e tenis en cadeira de rodas, tivo gran acollida sobre todo o baloncesto. Outras novidades da programación foron o atletismo en praia, que tamén foi un éxito, e deportes tradicionais como a chave. Seica este foi o que menos entusiasmo suscitou entre a rapazada.
Publica o teu comentario agora