Deportes para Nadal

Deportes para Nadal
17 de Decembro, 2025 - 08:06 h. | Publicada por Radio Fene

Últimas horas para inscribirse nalgunhas das actividades programadas para as vacacións de Nadal pola Concellería de Deportes de Fene. Compartir o tempo libre en familia facendo actividade física é obxectivo da programación que presentou en Radio Fene a concelleira Alba García.

 

ESCOITA O PODCAST:

Remata este mércores, día 17, o prazo para inscribirse no bautismo de mergullo solidario “Ningún neno/a sen xoguete”. Actividade prevista para o sábado 20 de decembro na piscina municipal de Centieiras. Para participar hai que doar un xoguete. Tamén na piscina, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, haberá a posibilidade de participar nos “Xogos acuáticos en familia”. Un día máis, ata o xoves, 18, queda de prazo para facer a inscrición no Campamento deportivo Campanadal  que se desenvolverá no pavillón da Xunqueira de San Valentín polas mañás para facilitar a conciliación ás familias.

O Nadal deportivo de Fene tamén programa a carreira popular San Silvestre. Correrase o sábado día 27, con saída e chegada da avenida do Mar de San Valentín. O prazo para apuntarse nela permanece aberto até o día 21.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora