Deportistas nas redes

Deportistas nas redes
19 de Xaneiro, 2026 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Personaxes públicos como os deportistas están moi expostos nas redes sociais e iso pode pasar factura a súa imaxe e mesmo á súa saúde mental. Tratamos ese tema no espazo Vilanova con José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

“É algo que o deportista ten que aprender a xestionar, hoxe nun partido de alta trascendencia mediática hai miles de cámaras gravando, unha cámara en cada afeccionado”, sinala Barcia Tuccelli. As novas tecnoloxías e as redes sociais son parte do tempo que nos toca vivir e hai que saber convivir con elas. Non todo o mundo manexa con planificación as redes sociais e iso ten riscos. “Hai comportamentos que antes non eran tan coñecidos, conversas con árbitros, entre rivais, compañeiros, cara os afeccionados…antes non trascendía, hoxe todo se comparte e viraliza e todo o mundo opina”. Baixo o foco e o escrutinio permanente, o especialista destaca que “é importante aprender a xestionar os brotes emocionais”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora