ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Deputado de Cooperación cos Concellos preside o organismo, que a institución provincial creou este xoves, converténdose na segunda de Galicia en facelo. Formarán parte deste foro a Deputada provincial de Economía e representantes da Xunta, da Federación Galega de Comercio e da Asociación de Consumidores de Lugo. Os proxectos municipais que aspiren a recibir unha subvención autonómica para mellorar infraestruturas comerciais deberán reci
A Deputación constituíu este xoves a Mesa Provincial do Comercio, na que estarán representados 32 Concellos lucenses. Este novo órgano terá como obxectivo facilitar ás entidades locais o acceso a axudas da administración autonómica para mellorar e impulsar infraestruturas comerciais, ademais de debater e executar iniciativas públicas e privadas co fin de dinamizar e modernizar o sector. A institución provincial convértese deste xeito na segunda de Galicia -tras a de Pontevedra, que o fixo este mesmo luns- en cumprir con este requisito establecido na Lei que regula o Comercio Interior de Galicia, segundo o que as Deputacións deben ocuparse de constituír unha Mesa do Comercio na que estean representados todos aqueles municipios do seu territorio de competencia que non conten cun mínimo de 20 establecementos comerciais ou non teñan asociacións de comerciantes. Segundo a devandita norma, os Concellos galegos que superen a vintena de negocios contarán coa súa propia Mesa Local do Comercio.
O Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, presidirá a plataforma, na que os Concellos estarán representados pola Deputación. Tamén estarán presentes Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia e representacións da Federación Galega de Comercio e a Federación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios AVANTAR.
A constitución da Mesa Local de Comercio, que se reunirá como mínimo dúas veces ó ano, facilitará o acceso dos Concellos a subvencións porque todos aqueles proxectos que impulsen co fin de mellorar instalacións comerciais (como prazas de abastos ou rúas) e que poidan acollerse a axudas da Consellería de Industria deberán recibir previamente luz verde por parte deste novo ente, que, polo demais, persegue coordinar e acordar entre a administración e o sector medidas para apoiar e revitalizala actividade comercial, como, por exemplo, negociar liñas de creto e tipos de interese cos bancos ou tarifas da luz coas eléctricas que sexan vantaxosas.
Entre as funcións da Mesa do Comercio atópanse participar no deseño das campañas de promoción do sector; emitir informe nas campañas que se financien con fondos públicos; realizar un informe, con carácter preceptivo, nas solicitudes presentadas polos comerciantes para celebrar feiras de oportunidades; e actuar como órgano consultivo do Concello en todas as cuestións que afecten ó comercio retallista do municipio. Así mesmo, terá voz na elaboración dos plans de tráfico e a ordenación urbana, e poderá informar de todos aqueles asuntos que o departamento autonómico competente na materia lle requira.
Hai moitos Concellos de Lugo que contan con menos de 20 establecementos comerciais e que, polo tanto, estarán representados neste órgano. Na comarca da Mariña son Alfoz, Barreiros, Ourol, O Vicedo e O Valadouro e no resto da provincia: Baleira, Baralla, Becerreá, Bóveda, Carballedo, Cervantes, O Corgo, O Courel, Friol, Guntín, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Pantón, Paradela, A Pastoriza, Pol, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Portomarín, Sober, Trabada, Triacastela, Xermade e O Incio.