ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O organismo provincial organiza este pioneiro certame, dirixido a mozos de 18 a 35 anos de idade e censados en Lugo, no marco da gala Lvcvs Moda 2012. A deputada Regina Polín anunciou que as inscricións poden facerse dende hoxe mesmo entregando no Rexistro de San Marcos os bocetos dos deseños, que deberán estar inspirados, polo menos un deles, no medio ambiente, en homenaxe ó 10º aniversario da Reserva Terras do Miño. Haberá tres premios en met&aac
A Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, presentou este luns o I Concurso de Novos Deseñadores da provincia, convocado pola Deputación “co obxectivo de fomentar os novos valores no deseño de moda, así como potenciar a industria deste sector e, principalmente, o emprego xuvenil”. Polín subliñou neste sentido que a firme aposta do organismo provincial por facilitar a entrada dos máis novos no mundo laboral.
O organismo provincial convoca o pioneiro certame de novos creadores para reforzar a Gala Lvcvs Moda 2012, que terá lugar o vindeiro 8 de maio no Círculo das Artes da capital lucense. O concurso está dirixido a mozos de entre 18 e 35 anos de idade, residentes e censados en Lugo, e os interesados en participar poderán inscribirse a partir do día 10, e ata o 20 de abril entregando no Rexistro do Pazo de San Marcos, ben persoalmente ou por correo, os bocetos dos seus deseños. Estes deberán ser orixinais e inéditos, e estar inspirados, polo menos un deles, no medio ambiente, en homenaxe ó 10º aniversario da declaración da Reserva da Biosfera Terras do Miño pola UNESCO. Haberá tres premios en metálico –de 500, 300 e 200 euros - e o nome dos gañadores farase público durante a celebración da gala de moda, que cumpre a súa terceira edición.
Para a concesión dos premios, teranse en conta, por esta orde, os criterios de orixinalidade, calidade e creatividade dos deseños presentados; a inspiración da colección no medio ambiente; e a presentación dos traballos.
O formulario de inscrición e as bases do concurso poden atoparse na web da Deputación www.deputacionlugo.org pero hai outros requisitos fundamentais. Por exemplo, cada aspirante presentará baixo pseudónimo unha única colección composta por tres modelos. Ademais, as láminas deberán ir acompañadas dunha descrición técnica do modelo e, opcionalmente, de mostras de material a utilizar na súa confección.