A Deputación de Lugo inaugura hoxe unha mostra sobre os 25 anos do Consello da Cultura Galega

A Deputación de Lugo inaugura hoxe unha mostra sobre os 25 anos do Consello da Cultura Galega

10 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Deputación de Lugo inaugura hoxe, ás 20.00 horas na súa sala de exposicións, a mostra “Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega 1983-2008”, que permanecerá aberta ata o vindeiro 19 de xullo.

O acto contará coa presenza do Vicepresidente da Deputación, D. Antón Bao, ademais do Presidente do Consello da Cultura Galega, o vilalbés Ramón Villares, o Director Territorial de Caixanova, Manuel García Miñaca, unha representación dos comisarios da exposición na figura de Henrique Monteagudo e de Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo.

 

A mostra é un balanzo da función do Consello e unha ollada deste organismo á nosa cultura. Esta institución cumpriu o seu vinte cinco aniversario o ano pasado, xa que foi creado por Lei do Parlamento de Galicia en 1983. O Consello da Cultura Galega ten como unha das súas tarefas principais a reflexión sobre a cultura galega, na perspectiva da defensa e promoción dos nosos propios valores culturais. Esta exposición ten un carácter itinerante e xa percorreu as cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense.

Cultura