A Deputación de Lugo presenta unhas contas destinadas á colaboración municipal

A Deputación de Lugo presenta unhas contas destinadas á colaboración municipal

26 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O orzamento da Deputación Provincial de Lugo será de 92 millóns de euros en 2011. Os titulares da institución salientaron durante a presentación do documento que as contas aprobaranse o vindeiro martes, cun mes de antelación respecto á data habitual por mor da situación de apuro económico dos concellos, que os presupostos poden acougar. Precisamente, o presidente provincial José Ramón Gómez Besteiro, salientou que, malia a c

O socio de Besteiro na Deputación, o vicepresidente Antón Bao, do BNG, detallou que se reservará unha partida de máis de sete millóns para Cultura e Deporte co obxectivo de manter os compromisos co tecido asociativo da provincia de Lugo. Cómpre salientar que a institución apoiará a creación da Fundación Uxío Novoneyra que se instalará na casa do escritor do Courel. A cultura e o deporte, tamén son importantes porque axudan á cohesión social, salientou Bao.

Institucional