A Deputación de Lugo urbanizará 3 rúas de Guitiriz cunha axuda de 735.000 euros

A Deputación de Lugo urbanizará 3 rúas de Guitiriz cunha axuda de 735.000 euros

12 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As rúas da Deputación, da Feira e do Mercado da vila de Guitiriz serán urbanizadas gracias a unha achega de 735.000 euros da Deputación Provincial de Lugo, tal e como anunciou hoxe  o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, durante unha visita ao concello chairego. Acompañado pola alcaldesa da vila, Regina Polín, Besteiro destacou que esta actuación inclúese dentro do Plan Extraordinario de Obra P&uacute

As rúas están situadas no treito da estrada provincial que atravesa a núcleo urbano e que constitúen o principal acceso de Guitiriz á A-6. A actuación do organismo provincial permitirá salvar as importantes deficiencias existentes nestas rúas. A actuación incluirá o acondicionamento das mesmas; o saneamento e o abastecemento; a instalación de alumeado público e de rede de baixa e media tensión, así como de telefonía e telecomunicacións; o afirmado e a pavimentación; a sinalización vertical e horizontal; a colocación de contedores subterráneos; así como a instalación de mobiliario urbano como papeleiras, bancos e xardiñeiras.

O titular provincial lembrou que “esta actuación súmase a outras que realizamos neste Concello e sinalou que a Deputación xa investiu 1.250.000 euros no acondicionamento de varias estradas provinciais. É o caso do afirmado do treito da CP 2101, que vai de Friol a Parga, ó seu paso polo casco urbano, e que contou cun orzamento de 450.000 euros. Asimesmo, a Deputación tamén urbanizou un treito de 270 metros da estrada provincial CP 2301 que vai de Guitiriz ós Vilares. O Plan de Comunidades Veciñais, o desbroce das estradas provinciais, a Conservación Integral das mesmas e o POS centran os outros investimentos da Deputación neste Concello.

Convenio para a creación da Aula da Natureza

Besteiro e Regina Polín aproveitaron a visita do mandatario provincial para asinar un convenio polo que o Concello cederá gratuitamente o espazo situado na segunda pranta da Casa de Barxa á Deputación para a creación dunha Aula de Interpretación da Natureza no marco do programa europeo Lug02, que está cofinanciado nun 70% por fondos FEDER. Esta actuación  inclúese dentro da liña de actuación do programa medioambiental, dotada con 950.000 euros.

Esta aula entrará en funcionamento no mes de xuño e é a primeira das tres que porá en marcha o organismo provincial. As outras dúas situaranse nos municipios da Fonsagrada e de Folgoso do Courel.
“Esta non é unha elección aleatoria senón un premio a un Concello que entende e traballa de forma punteira polo coidado e mantemento do medio ambiente. É ademais unha inversión, porque dende a Deputación apostamos pola riqueza medioambiental como a nosa oportunidade económica. Isto é un traballo que se debe a Regina Polín e que outros municipios non souberon facer. Por iso, pensamos que este Concello tiña que ser o primeiro no que se asinase o convenio”, dixo Xosé Ramón Besteiro.
Pola súa banda, Regina Polín sinalou que “este é un proxecto moi ilusionante que se une ó do IGAPE contra o cambio climático. É un éxito para Guitiriz e para a Reserva da Biosfera de Terra do Miño”.

A través desta iniciativa equiparase a aula con material necesario para a actividade da mesma. Instalaranse un  mínimo de 10 ordenadores de sobremesa, unha pantalla para o visionado de vídeos, decoración, mobiliario para completar o existente, conexión a Internet ou un equipo multimedia. Nela levaranse a cabo actividades de información, educación e sensibilización medioambiental, programas educativos para centros escolares, proxeccións audiovisuais ou exposicións temáticas. Pero ademais esta Aula tamén será reforzada con outras 4 móbiles que percorrerán todos os municipios do ámbito de actuación do programa e outros puntos de Galicia. Destas, tres serán en furgoneta e outra en barco. En todas levaranse a cabo accións de formación e sensibilización. Así mesmo, crearase un portal de aulas de interpretación, que servirá de soporte da actividade tanto nas aulas físicas como nas móbiles.

Sociedade